Marín presentará libro sobre a represión franquista na provincia de Pontevedra

Este 18 de novembro no Museo Municipal Manuel Torres

Marín | Este venres, día 18 de novembro, terá lugar a presentación do novo libro de Xosé Álvarez Castro, OS ANOS DO SILENCIO. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951), organizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín. O acto comezará ás 20:00 h no Museo Municipal Manuel Torres.

A obra ven a completar a investigación iniciada con Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939), publicado en 2013, ampliando o estudo a toda a provincia e o período ata a principios da década de 1950; o chamado “primeiro franquismo”. A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial, afondando nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos