Mariano Rajoy visita Ourense “demostrando a súa vinculación e lealdade coa nosa terra”, afirmou Luís Menor

O presidente de honra do PPdeG conversou cos cidadáns que se achegaron a el, sorprendidos coa súa presenza na cidade

Ourense | O presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, visitou esta mañá Ourense, onde tivo a oportunidade de percorrer ás rúas da cidade acompañado polo presidente provincial popular, LuÍs Menor, candidatos ao Congreso e ao Senado, a presidenta da Xunta Xestora do PP local e candidata á Alcaldía, Ana Méndez, e membros da dirección do partido.

Mariano Rajoy saudou e conversou cos moitos cidadáns que se achegaron a el, sorprendidos coa súa presenza na cidade. Desde Ourense, dixo Rajoy ao despedirse, “aspiramos a liderar o cambio necesario porque non podemos seguir así”.

Tamén ao remate da visita, LuÍs Menor cualificou a Mariano Rajoy como “un dos grandes activos que ten o Partido Popular de Ourense”, poñendo en valor a súa lealdade e vinculación coa nosa terra, “demostrando ao longo do tempo que a provincia é unha prioridade na súa axenda política”, en referencia “ao apoio constante no territorio sendo presidente do Goberno e tamén na súa etapa como expresidente”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.