Marga Tojo estará na Feira do Libro de Porto 2022

A xornalista e poeta galega asinará libros este sábado 27

Porto | A xornalista e poeta compostelá Marga Tojo estará presente este sábado 27 de agosto na Feira do Livro de Porto 2022 a partir das 17 horas para asinar o seu último libro, “Arder” (Edicións Positivas) nos stands da Livraria Traga_Mundos e da editorial Urutau.

O evento supón unha boa oportunidade para achegarse á obra desta escritora galega, colaboradora dos medios dixitais como Praza Pública, Eldiario, Público, as Revistas Luzes e do Audiovisual Galega e a canle Galizaanocero.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos