
Salvaterra de Miño | A Alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, o concelleiro de Deportes e a Policía Local reuníronse para ultimar detalles de coordinación dunha nova edición da tradicional e solidaria Marcha Ciclista das Letras Galegas a celebrarse o vindeiro 17 de maio con saída dende a Praza do Concello percorrendo distintas parroquias con parada no Espazo Termal de Teáns-Oleiros.




