Manuel Rivas e Fátima Pego falan sobre a música, a memoria e a retranca no marco do proxecto audiovisual “Referentes”

Este 15 de abril nas canles de Facebook e YouTube da Deputación da Coruña

Santiago de Compostela | A música, a memoria da infancia, a ética, a retranca como ferramenta para a supervivencia e a importancia trascendental que ten o paso do tempo nas nosas vidas centran parte da conversa protagonizada polo escritor Manuel Rivas e pola cantante Fátima Pego dentro do proxecto audiovisual dixital Referentes, que se estrea mañá xoves 15 de abril ás 20h30 no Facebook e no Youtube da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Pego destaca nun momento da conversa “o medo a esquecer o verdadeiramente importante e a deixarse levar por cousas que ás veces nos nublan o entendemento e que non teñen maior importancia” e salienta “a importancia do agora, do momento que estamos vivindo”, mentres que Rivas recoñece que o que máis o atemoriza é o propio medo e explica que “o medo é paralizante, facilita a dominación dunhas persoas sobre outras, a servidume”. “Que te domine o medo déixate indefenso ante a barbarie”, conclúe.

Outros artigos