“Makinoteka” gañou a II edición da “Batalla de Debuxantes Improvisdados” no Porriño

O artista madrileño obtivo a máxima avaliación do xurado
Esta segunda edición celebrouse no Parque do Cristo no Porriño.

O Porriño | A segunda edición da “Batalla de Debuxantes Improvisdados”, celebrada no Parque do Cristo, concluíu coa vitoria de “Makinoteka”, artista madrileño, por decisión do xurado do certame.

A segunda posición foi para “Sedo”, de Vigo e o terceiro posto para “Dusem”, de Ourense.
Os tres finalistas restantes do concurso foron “Tremze” (Francia); Tamara Baz (A Guarda) e “BTO” (Madrid).

A Concellería de Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX do Porriño), organizaron o segundo concurso “Improvisdado, Batalla de Debuxantes”, dentro da programación das Festas do Cristo. A final tivo lugar esta tarde nun escenario preparado para tal efecto no Parque do Cristo.

A concelleira de Festexos, Cami Moreira, entrega o premio ao artista madrileño “Makinoteka”.

A produtora do evento, “Vella Escola”, preparou un escenario onde os seis finalistas tiveron que improvisar un deseño artístico cos utensilios proporcionados.

O xurado que valorou o seu traballo estivo formado por “O Ras” (gañador do concurso en 2020), así como os artistas Pow One e Sax.

A concelleira de Festexos, Cami Moreira realizou a entrega de agasallos e trofeos aos seis finalistas.