Luís Menor fai balance do terceiro ano na Deputación de Ourense

“Máis social e municipalista, colaboradora, que cohesiona o territorio, multiplica recursos e potencia as fortalezas de Ourense”

Ourense | No Pazo de Vilamarín, acompañado polo seu equipo de Goberno, o presidente provincial Luís Menor Pérez, destacou a inédita cifra de financiamento directo ás entidades locais: máis de 103,2 millóns, con 19 millóns para o Plan CooperOU este ano, e a xestión de 30,7 millóns de fondos europeos

A institución demostrou ser “a administración provincial galega con máis acordos coa Xunta de Galicia”, comprometendo máis de 13,2 millóns neste mandato para proxectos conxuntos no rural, os servizos sociais ou o turismo.

Neste terceiro ano “consolidouse un novo modelo cooperación e apoio ao territorio”, cunha política de subvencións que suma máis de 5,4 millóns de euros. Neste tempo investíronse máis de 13 millóns “nun modelo integral de benestar provincial”, recalcou o presidente, “unha evolución sen precedentes nas políticas sociais da Deputación”

Para dar pulo á cohesión territorial alcanzouse un fito histórico en infraestruturas: 25,5 millóns destinados á rede de estradas provinciais. Un área de traballo que deu “resposta inmediata e coordinada ante as crises ambientais recentes”.

“Afrontamos o último ano deste mandato coa ambición intacta”, asegurou Luís Menor. Tempo suficiente, dixo, para seguir avanzando nun camiño xa trazado no que figura o aumento dos recursos do Plan CooperOU, cunha mesma idea de provincia en torno ao benestar e o termalismo, e sempre na procura de ofrecer máis e mellores servizos aos concellos e cidadanía”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.