Lugo acolle ‘50 fotografías con historia’, un percorrido polo últimos oitenta anos

Ata o próximo 8 de setembro na Horta do Seminario

Lugo | A exposición ‘50 fotografías con historia’, una mostra que estará instalada na Horta do Seminario ata o 8 de setembro, recolle unha selección de imaxes icónicas e representativas do acontecer dos últimos 80 anos a través da mirada e o relato dos seus autores.

“Cada unha destas fotografías reflicte unha visión do mundo, pero tamén unha forma de entender a fotografía e da súa correspondente carga social”, incidiu a alcaldesa Lara Méndez, que destacou a enorme calidade dos profesionais que amosan o seu traballo, entre os que se encontran tamén fotógrafos galegos. Entre a selección de profesionais atópanse 17 Premios Nacionais de Fotografía e 2 Premios Nacionais de Artes Plásticas.

“Animo a cidadanía que se achegue a coñecer esta exposición itinerante, que chega á nosa cidade despois de pasar por Guadalajara e pola embaixada de España en Washington” destacou a rexedora.

A iniciativa está deseñada para acadar o interese calquera tipo de público, que pretende que o visitante coñeza como evolucionou a fotografía en España e descubra cuestións tales como “a rutina de traballo do fotógrafo, o contexto histórico e social en que o fixo ou a relevancia que tiveron esas imaxes na súa carreira”, segundo explicou a directora da programación de Acción Cultural.

A exposición ofrece a oportunidade ao visitante de realizar a visita guiada a través do seu teléfono móbil grazas aos códigos QR, situados en cada fotografía. Deste xeito, o visitante, poderá acceder á páxina web da exposición e profundar na historia da fotografía e do autor.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!