Lisboa vibrou con “Ponte…nas Ondas”

O Centro Galego e o Instituto Español acolleron a festa do patrimonio oral inmaterial

Aldea Global | Festa grande do patrimonio inmaterial galego-portugués en Lisboa, que pechou cunha sesión aberta ao público xeral no Centro Galego de Lisboa. Segundo o guión previsto, o programa “radiovisual” comeceu coa participación do presidente do centro Xesús Bescos.

De seguido, e como representación da emigración galega a Lisboa, o alumnado entrevistou a Graciano Espinheira, de Barciademera, o creador da popular bebida “ginginha”. A súa família foi para Lisboa a mediados do século XIX e o seu bisavó fundou a empresa veio para Lisboa em meados do século XIX.

Segundo el mesmo relatou, o seu bisavô, Francisco Espinheira Cousiño, forma a empresa da cal é xa a cuarta xeración. Neste momento o seu fillo máis vello encóntrase á frente do negocio da Ginginha.

Roberto, Paula, Ales e Zulema conforman o grupo de pandereita Ghalderios do Centro Galego de Lisboa, que alén de actuar para o público presente, relatou o seu labor de transmisión da música galega tradicional.

Luiz Caracol e a gran madriña de Ponte…nas Ondas!, a cantora galega Uxía, quen tamén foi entrevistada polo alumnado, fixeron gozar tamén á audiencia coa súa música. E o apartado musical contou tamén con Paulo Marinho, nado en Lisboa, instrumentista, profesor, investigador, divulgador, compositor e construtor. Marinho dedícase ao mundo da gaita tal vez pola orixe da súa familia paterna en Valença do Minho.

En 1983 integrou o grupo musical “Sétima Legião” e no ano seguinte o grupo de danzas e cantares Anaquiños da Terra da Xuventude da Galiza – Centro Galego de Lisboa. En 1992 foi un dos fundadores do grupo musical “Gaiteiros de Lisboa”. En 1999 foi un dos fundadores da “APEDGF – Associação Portuguesa para o Estudo e Divulgação da Gaita de Foles”.

Hai que lembrar que, para a celebrar o X aniversario de Ponte…nas ondas! os Gaiteiros de Lisboa e o grupo Treixadura gravaron hai xa vinte anos, en 2004, o videoclip “A chula da póvoa/Nosa señora da Guía” incluído no disco-libro Na ponte (2012)

O Instituto Español de Lisboa “Giner de los Ríos” acolleu este 2 de maio a primeira xornada “radiovisual” de Ponte…nas Ondas! en Lisboa, co alumnado do IES de Salvaterra de Miño, co português como segunda lingua no seu instituto, e do Instituto Ginér de los Rios de Lisboa como protagonistas.

Os estudantes conduciron o programa, “Ponte…nas ondas! 1 modelo de boas prácticas co PCI”, e diante dos micrófonos entrevistaron a Consejera de Educación da embaixada de España en Lisboa, a directora do Instituto Español e os músicos João Afonso, Uxía e Fernando Abreu. João Afonso e Uxía actuaron tamén conxuntamente para o público presente, ao igual que o propio Abreu, xunto co grupo Cuarteto Caramuxo. A emisión, que puido seguirse a través do Instagram do instituto lisboeta e das webs de PNO, estará proximamente dispoñible tamén en Youtube.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.