Liña de bus conectará O Porriño con Praia América

Entrará en funcionamento este 18 de xullo

O Porriño | Atendendo á solicitude do Concello do Porriño en resposta ás demandas da veciñanza O Porriño contará cunha liña de autobús que conectará o núcleo urbano con praia América, en Nigrán.

A nova liña entrará en funcionamento o vindeiro luns, 18 de xullo, con frecuencia diaria, incluíndo laborais e festivos.

O horario de saída será ás 12 h. dende a parada de autobuses da Avda. de Galicia e a volta ás 20 h dende a rotonda de Rans, en praia América. A viaxe será directa pola autopista.

O custe do servizo será de 1,55 euros por viaxe, rebaixado a 0,88 euros para quen conte coa tarxeta metropolitana.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos