Letras Galegas no Covelo

Coa adaptación ao galego dun texto de Khalil Gibran

O Covelo | O venres 17 de maio, celebración do Día das Letras Galegas, a agrupación O Laboratorio Fantoche presenta “A Caixiña de teatro do Teatro Lambe, Lambe”, co seu espectáculo “A Bailarina” Onde está a alma?”. A cita será de 11:30 a 13:30 h no marco da Mostra de Produtos de Covelo,

A obra é unha adaptación en língua galega do conto “A Bailarina” do poeta e filósofo  libanés Khalil Gibran e textos de Joaquín Araújo. Esta novidosa proposta de teatro de animación con bonecos e obxectos que, acompañados dun relato e/ou música dentro dunha caixa escénica, representan, en non máis de 5 min, situacións secretas que son apreciadas por só 1 ou 2 espectadores á vez que se colocan os auriculares e observan a obra a través dunha diminuta fiestra.

 

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.