Lara Meneses (PP) presentou a súa candidatura á alcaldía de Tomiño

Arroupada por preto de 400 veciños

Tomiño/PPdeG | O PP de Tomiño presentou este sábado, nun multitudinario acto, a candidatura coa que concorrera as eleccións municipais de vindeiro 28 de maio, “un equipo renovado, ilusionado e moi traballador”.

Lara Meneses, candidata a alcaldía polo Partido Popular, manifestou pola súa parte que “somos a única alternativa a este goberno escaparate de Sandra González, con un proxecto real que fará de Tomiño un concello referente na zona”, e en referencia os integrantes da súa candidatura afirmou que “levamos un equipo renovado, ilusionado e con moitas ganas de traballar, firmemente posicionado do lado dos nosos veciños”.

Por outra banda os populares de Tomiño tamén puideron contar coa presencia do presidente Luis López “Lugués”, que expresou o seu apoio e confianza neste equipo, que tratará de acadar a alcaldia do municipio. Da candidata popular declarou que “Lara ten a forza da xuventude e as ideas claras da súa madurez, conta cun equipo preparado para reactivar este concello e o seu apoio social sube e sube cada día”, e polo tanto ” o 28 de maio non renunciamos a nada, saímos a gañar e imos a por todas”.

O Partido Popular aspira así a levar a cabo o cambio que merece Tomiño, e comprométense a realizar unha intensa campaña pondo sempre por diante o interese dos seus veciños.