José Tomé visitou o Palacio de Las Dueñas, en Sevilla

Convidado polo Duque de Alba que fora nomeado Fillo Adoptivo de Monforte

Monforte de Lemos | O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, visitou o Palacio de Las Dueñas, tras o convite expreso de Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, XIX Duque de Alba e XXIII Conde de Lemos, durante a súa visita a Monforte a `primeiros de xullo cando foi nomeado Fillo Adoptivo de Monforte.

A visita do alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, produciuse durante o transcurso da Comisión de Deputacións, organizada pola Federación de Municipios e Provincias de España (FEMP) en Sevilla, un encontro que agrupou aos representantes dos gobernos provinciais e insulares de toda España e onde se constituíu a Subcomisión Permanente da Comisión, da que forma parte o mandatario provincial lucense.

O alcalde visitou as dependencias do Palacio de Las Dueñas, que é unha das tres residencias emblemáticas e históricas da Casa de Alba en España, xunto ó Palacio de Liria en Madrid e o Palacio de Monterrey, en Salamanca.

José Tomé, que estivo acompañado por persoal do Palacio de Las Dueñas, coñeceu as principais dependencias do Palacio, que é unha mestura de arquitectura gótico-mudéxar e renacentista, e apreciou o importante patrimonio artístico e cultural que alberga.