Iván Raña, Padriño do VII Tríatlón Concello do Porriño

A celebrarse o vindeiro 16 de xullo

O Porriño | O vindeiro sábado 16 de xullo centos de atletas percorrerán os 25.950 km de circuito do Tríatlon Concello do Porriño, entre eles, o Campión do Mundo, Iván Raña que ademais de participar este ano apadriña o evento.

Este mediodía presentouse a proba deportiva, que tras o parón derivado da pandemia chega a súa sétima edición, coa presenza do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, os concelleiros de Deportes do Porriño e Tui, Abel Estévez e Rafael Estévez, respectivamente, o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo Belzunce, o Sarxento Primeiro do Posto de Tráfico do Porriño, Daniel Castelo Baz, o Director Deportivo da Fegatri, Carlos David Prieto e o padriño da proba, Iván Raña. Tamén estiveron presentes representantes dos clubs colaboradores.

“Este será o meu primeiro Triatlón como alcalde e é toda unha honra ter contado co respaldo e colaboración total do tecido deportivo do Porriño para os que non teño máis que palabras de agradecemento”, afirmou o alcalde, “Moitísimas grazas a todos e todas os voluntarios e voluntarias, clubs deportivos, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, Concello de Tui, Xunta de Galicia, a todos os que facedes que posible que un evento desta magnitude teña lugar na nosa vila”.

O rexedor, lembrou que a inscrición sigue aberta ata as 23:49 h do 12 de xullo e que “a día de hoxe son preto de 200 os inscritos” , animando a todo aquel que queira a “participar e competir, nada máis e nada menos, que cun campión do mundo”.

Pola súa banda, Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, destacou o nivel desta proba que, na súa séptima edición demostra “o deporte non para, que o deporte galego loita contra todas circunstancias e continúa grazas á disciplina”. Lete Lasa quixo poñer en valor a figura de Iván Raña “pioneiro do triatlón galego e grazas ao cal esta modalidade hoxe en día é o que é en Galicia”.

O concelleiro de Deportes do Porriño, Abel Estévez, destacou que “retomar esta actividade é moi importante para nós” xa que “podemos presumir de ter un tríatlon popular de alto nivel”.

No mesmo sentido se expresou o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, que afirmou que “este ano vai ser unha proba moi bonita” e agradeceu “en especial ao Comandante Naval do Miño xa que grazas a el poderemos ter unha proba de calidade, e tamén aos clubs tudenses, Policía Local e Protección Civil de Tui”.

Como cada edición, o tramo de natación sprint é de 750 m, desenvolverase no río Miño fronte á sede da Comandancia Naval de Tui. O tramo de bici é de 20 km entre Tui e O Porriño e finalmente a carreira pedestre cun percorrido de 5 km que se disputa no casco urbano do Porriño.

Na edición deste ano a iconografía e cartelería xira en torno á bandeira multicor sumándose, tal e como explicou o alcalde, ao “movemento en defensa da diversidade e pola igualdade de dereitos das persoas LGTBIQ+”, en definitiva, “un evento deportivo de alto nivel que reivindica unha sociedade máis libre e respectuosa”.

Mini Triatlón
Os máis pequenos tamén terán a súa proba: o Triatlón Mini. Disputarase o mesmo día en horario de mañá e poden participar os nenos e nenas de entre 4 e 10 anos acompañados por un adulto. O único requisito será saber nadar 25 m ininterrumpidamente e saber andar en bici.

Terán que completar 25 m na piscina municipal, 700 m en bicicleta dende a piscina ata a igrexa e alí farán a transición para encarar os 300 m de carreira a pé dende ata o Concello. A inscripción está aberta ata o 13 de xuño ou ata completar as 45 prazas.

I Roteiro polo Regato das Laxes
O venres 7 tivo lugar o I Roteiro polo regato das Laxes organizado pola Plataforma en Defensa de Torneiros.  O paseo mostrou parte dos valores medioambientais, etnográficos e xeolóxicos da zona fértil e residencial que desaparecería baixo o proxecto do mega aparcamento da Zona Franca.

Contouse coa presenza de numerosa veciñanza e coa presenza do señor alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, así como a de varios concelleiros e concelleiras de distintos grupos. Tamén acudiron representantes dos grupos ecoloxistas Verdegaia e Ecoloxistas en Acción. Explorouse o regato das Laxes, tributario do río Louro, e se viron campos de labradío, bosques de ribeira, muíños de auga e numerosas propiedades que levan xeracións nas familias e que desaparecerían baixo o proxecto.

Marcelo, de Faia Educación Ambiental, explicou o enorme valor xeolóxico e medioambiental da zona, que forma parte do núcleo formado polo Val do Louriña e as Gándaras de Budiño. Julián Bastos, xoven ornitólogo de 8 anos, falou das as aves que a habitan.

O Val da Louriña é un chan enormemente anegabel é fértil, debido ó seu alto contido en sedimentos minerais, que baixan das formacións graníticas das Gandaras de Budiño. A riqueza do chan propicia a maravillosa diversidade e capacidade de rexeneración dos bosques do Val da Louriña, que xa noutros concellos de Coruña, tamén situados na Depresión Meridiana Galega, se están a explotar como recurso turísitico, cultural e de lecer.

A Plataforma en Defensa de Torneiros nace para cristalizala oposición vecinal ós proxectos industriais na súa parroquia e reafirma a súa postura dun no rotundo á Central de Transportes da Zona Franca.