"IV Xornadas da Camelia" en Salceda de Caselas

Salceda de Caselas | A fin de semana do 17 e 18 de Marzo, vaise celebrar en Salceda a cuarta mostra-exposición da camelia. A mostra dará comezo o sábado 17 ás 13 horas co acto inaugural da mostra que contará co saúdo do Alcalde, Marcos Besada. A mostra permanecerá aberta o público o sábado 17 de 16:00 a 21:00 e o domingo de 10:00 a 21:00 en horario continuado de visitas, nas instalacións do Auditorio Municipal.
Ademáis contaremos cunha proxección de fotografía da flor da camelia durante os dous días, e estará acompañada pola Banda Xuvenil de Salceda ás 19:00 no Auditorio Municipal Esta mostra ven acollendo a máis de 40 expositores, polo que a variedade está garantida. As flores chegarán dende diversos puntos da xeografía galega, e tamén participaran diferentes colectivos do concello.
A mostra está organizada dende a Concellaría de Turismo de Salceda de Caselas, que dirixe Loli Castiñeira, e conta coa colaboración da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda, que se encargarán de toda a decoración da mostra, e que ademais van participar na mesma. Durante o dous días que durará a mostra-exposición proxectaranse fotografías desta espectacular flor.
Loli Castiñeira , Concelleira de Turismo do Concello de Salceda de Caselas, “ invita a todos os veciños/as e do noso  concello e os que nos visiten para disfrutar dun espectáculo visual de enorme beleza convertido xa nunha cita ineludible para os amantes desta fermosa flor”.