IV Andaina Popular da Lamprea Seca en Arbo

Partirá o vindeiro 13 de agosto da Carballeira de Turbela

Arbo | O Sábado 13 de agosto, entre os actos que o Concello de Arbo, organiza co Gallo da Festa da Lamprea Seca, está prevista a IV Andaina Popular da Lamprea Seca. A actividade arranca ás 10:30 horas dende o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo” con un percorrido de 8km e unha dificultada media-baixa e rematará na Carballeira de Turbela.

Os interesados en participar deberán realizar as inscricións nas oficinas municipais do Concello de Arbo, a través do correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com ou no telefono 639829445 ata o 10 de agosto.

Os participantes que acudan a este roteiro poden participar noutras actividades lúdicas e culturais que terán lugar ao longo do día na Carballeira de Turbela, organizadas con motivo da Festa da Lamprea, degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas, a Feira de artesanía e antigüidades, a actuación grupos folclóricos, charangas, inchables gratis para os máis cativos, zona de picnic con mesas e sombra.

E por suposto, non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, “Arabo”, situado fronte ao recinto, que permitirá, a locais e foráneos, coñecer mellor nosos principais signos de identificación.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos