• Segue conectado
  • |

Iniciase o proceso de licitación das obras para a ampliación da Escola Infantil de SalvaterraMIÑO

Salvaterra | O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de licitar hoxe as obras de ampliación da escola infantil a Galiña Azul de Salvaterra de Miño por un importe de algo máis de 200.000 euros e un prazo de execución de seis meses. As empresas teñen 26 días naturais desde a publicación do expediente na Plataforma de Contratos de Galicia e no perfil do contratante do Consorcio para a presentación de ofertas.

A escola infantil de Salvaterra de Miño, incluída dentro da rede autonómica a Galiña Azul e xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta na actualidade con catro unidades e 61 prazas. Tras estas actuacións ampliará o número de prazas a 82 e seis unidades.

A consellería de Política Social, a través do Consorcio, asinou un convenio co concello para o financiamento destas obras por un importe de algo mais de 200.000 euros. A Xunta investirá 161.000 euros e o concello de Salvaterra de Miño asumirá a cantidade restante a través do Plan Concellos 2020, ademais dos custes derivados da redacción do proxecto, dirección de obra, etc. Está previsto ademais que a Consellería de Política Social invista, unha vez executadas as obras, 38.000 euros mais no equipamento das aulas.

A escola infantil de Salvaterra de Miño púxose en funcionamento no ano 2015 e conta cunha importante demanda, rexistrando lista de agarda nos últimos cursos. O centro da servizo ao concello de Salvaterra e a comarca do Condado.

Temos que recordar que Salvaterra de Miño é un dos poucos Concellos que a día de hoxe, co problema de envellecemento e despoboamento no rural, consegue non só manter poboación, senón crecer, e un claro exemplo é o nacemento nos últimos tres anos de máis de 250 nenos e nenas e o numeroso número de xente nova que cada ano decide vir vivir ao noso municipio, en gran medida debido a calidade de vida que se encontran aquí en Salvaterra de Miño.

Amplas zonas verdes, o Parque Público A Canuda, máis de 40 km de sendas polos nosos ríos, zonas deportivas, wiffi gratuíta, campamentos de conciliación, unha ampla oferta cultural…. en liñas xerais, unha calidade de vida que non encontran noutro lugar, son os reclamos que ofrece este Concello para fixar poboación e crecer

 

Publicado o 29 Xuñ 2020 en Educación, Portada, Salvaterra de Miño.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies