Inician as obras de cambio de cuberta do Colexio Fermín Bouza Brey en Ponteareas

Anunciou o PP Ponteareas, con investimento da Xunta de 300.000€

Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP agradece o investimento da Xunta de Galicia no Colexio Fermín Bouza Brey no que xa se iniciaron os traballos para o cambio de cuberta do edificio principal e da zona do ximnasio.

“É un investimento de 300.000 euros que vén resolver unha antiga demanda da comunidade educativa que a propia consellería, a través dos seus técnicos, xa detectara. Modernízase así un centro educativo no que se van a illar 2.700 m2,   mellórase tamén a recollida de pluviais de ambos os immuebles que , polo paso do tempo, xa estaban deteriorados producindo goteos e verteduras de auga na fachada”, explicou a portavoz local, Belén Villar.

O PP de Ponteareas agradece que a Xunta, que licitou as obras no mes de maio, xa inicie os traballos aproveitando a tempada estival para iniciar o curso en setembro cos deberes feitos.

“O noso agradecemento ao delegado territorial Luís López, ao Xefe Territorial de Educación,  César Pérez e a toda a Consellería de Cultura e Educación”.