Salvaterra de Miño | A actuación realizarase nunha zona moi transitada entre a Igrexa Parroquial e as inmediacións da Casa de Cultura. A obra, unha das grandes demandas do goberno municipal e dos veciños e veciñas da Parroquia de Alxén, debido ó continúo paso de vehículos e viandantes e en consecuencia pola alta perigosidade da estrada; mellorará a seguridade vial da zona.
Serán aproximadamente 200 metros de actuación por parte da Deputación de Pontevedra coa que ademais de dotar de beiravía á estrada e así mellorar a seguridade para o tránsito peonil, mellorarase a canalización de augas pluviais.