Infraestruturas reforza a seguridade viaria e a mobilidade en Ourense

Licitará en 2026 as obras da Ronda Leste cun investimento de máis de 9M€

Ourense | O Pereiro de Aguiar inaugurou o encendido da segunda fase das obras do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello do Pereiro da mellora da seguridade viaria nas estradas OU-536 e OU-537, a senda peonil da OU-537 que abrangue a conexión entre a zona de Monterrei e o Parque Tecnolóxico de Galicia. Esta é una zona moi concurrida e que conecta a parte de Monterrei e o Parque Tecnolóxico, gran obra de mellora e seguridade vial para vehículos e peóns. Está actuación sumada a xa remada no ano anterior da estrada OU-536 entre Ceboliño e Castadón, supuxo un investimento de 230.000 euros.

A Xunta salienta o compromiso coas infraestruturas na cidade de Ourense co fin de reforzar a seguridade viaria e a mobilidade na área. Así o destacou a directora da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), María Deza, na súa intervención na Comisión 2ª do Parlamento.

Deza referiuse a un amplo abano de actuacións desenvolvidas estes anos polo Goberno galego na cidade das Burgas para acadar unha mobilidade máis responsable e sostible. Citou intervencións como o itinerario peonil e ciclista entre Os Remedios e Expourense, cun orzamento de 3,8M€; a senda na avenida das Caldas, con 1,4M€; a executada na OU-101 en Montealegre, con 1,5M€; ou a da OU-536, na Derrasa, entre outros.

Lembrou que recentemente a Xunta adxudicou as obras da nova senda na OU-402 en Reza, un treito de case 2,7 km pola marxe dereita desta vía. Con esta intervención complétase a execución de máis de 16 Km de sendas nas estradas autonómicas da comarca de Ourense, con 8 M€ de investimento. Engadiu a nova senda peonil e ciclista que vertebrará de norte a sur a cidade entre a estación intermodal, a Ponte Vella e Expourense, a través da avenida das Caldas e do Barbaña.

Destacou que a Xunta tamén avanza para materializar a nova Ronda Leste, unha actuación cun investimento de máis de 9M€ coa que se vai completar a circunvalación polo sur e que permitirá eliminar tráfico do centro, desconxestionando rúas como Marcelo Macías ou a avenida de Zamora.

Avanzou a previsión de poder licitar as obras neste 2026 e deste xeito, completarase un viario de circunvalación perimetral da cidade de Ourense. Esta actuación, cunha lonxitude de mais de 1 quilómetro e medio entre Bemposta e o enlace coa N-525, que conectará Ourense e San Cibrao das Viñas, suporá un acurtamento na distancia de percorrido e permitirá reducir tempos de viaxe.

Ademais o Goberno galego está a traballar no proxecto de trazado do vial de acceso ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) dende a N-525. Por outra parte, Deza puxo en valor as obras que se están executando no eido da conservación, por exemplo na OU-413 e noutras rúas do núcleo urbano de Ourense.

Sinalou que tamén se actuará nas rúas Progreso, Río Arnoia, Emilia Pardo Bazán, Velázquez, Bispo Lorenzo, Coruña, Peña Trevinca, Sáenz Díez, Seixalbo, Avenida Buenos Aires, Isaac Piñeiro Varela e Pena do Vado, Ponferrada, da Granxa e Avenida de Zamora. Na foto as melloras realizadas no Concello do Pereiro de Aguiar.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.