Illa de contenedores no Pereiro de Aguiar

Está en marcha o plan estratéxico de residuos

Ourense | Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, destacou que a Xunta aposta por diferentes ferramentas virtuais para facilitar o labor da cidadanía á hora de separar os residuos e que o maior volume posible deles poida ter unha segunda vida. Así o explicou durante a súa visita a unha illa de contedores no Concello do Pereiro de Aguiar con motivo da celebración do Día internacional da reciclaxe baixo o lema Non penses en residuos, pensa en oportunidades.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) lanzou en 2024 o buscador web Onde vai?, para resolver as dúbidas do conxunto da cidadanía sobre o destino dos residuos domésticos e que rexistrou máis de 17.000 visitas. Agora, no marco do Plan Estratéxico Sogama 2025-2030, a empresa pública vai incorporar á súa páxina web un chatbot baseado en intelixencia artificial co fin de dar resposta de maneira inmediata e facilitar un acceso máis rápido, cómodo e sinxelo á información sobre reciclaxe e sustentabilidade.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.