II Copa Ribadumia de fútbol

Aposta polo fútbol base

Ribadumia | Esta tarde tivo lugar a presentación da II Copa Ribadumia no Auditorio Municipal.

Volve despois de dous anos de parón por mor da crise sanitaria do COVID 19 cargada de equipos, tanto nacionais como internacionais e preparada para afrontar 6 días de intenso torneo.

Tanto os membros da organización como as autoridades que asistiron (Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Alcaldía de Ribadumia) coincidiron en resaltar a importancia do fútbol base para o futuro do fútbol profesional e a importancia deste torneo para consolidar a aposta polo mesmo.