Humanización da Avenida de Portugal en Tui

Cun investimento superior aos 600 mil euros

Tui | O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, informou que a humanización da Avenida de Portugal en Tui “suporá un investimento superior aos 600 mil euros”, considerando a mesma como unha iniciativa prioritaria “para Tui, Galicia e España” debido a que transita como porta de entrada do Camiño Portugués de Santiago.

A obra executarase no último trimestre de 2022 ou comezos de 2023 nun tramo de 400 metros dende a intersección entre a N-551 e a N-550 no cruce do Parador Nacional de Turismo, e a vella Ponte Internacional.

O Boletín Oficial do Estado publicou o anuncio de licitación da Dirección General de Carreteras de “Adecuación y mejora de seguridad vial. Carretera N-551 P.K. 1+400 a 1+850. Término municipal de Tui”. As empresas interesadas teñen até ás 19 h do 20 de xullo para presentar as súas ofertas.