Grupo Folclórico do C.C. de Xinzo actuará no programa Cultura24

Este domingo 4 de xullo no terreiro de Xinzo

Ponteareas | Esta fin de semana Ponteareas ten unha nova cita musical ao abeiro do programa Cultura24. Nesta ocasión o protagonista será o Grupo Folclórico do Centro Cultural de Xinzo, que actuará na casa.

Será este domingo 4 de xullo a partir das 13.30 horas no terreiro de Xinzo, onde farán gozar ao público coa súa arte.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, salienta que o programa Cultura24 “naceu para dinamizar os centros culturais e o tecido creativo do concello, así como para achegarlles ás 24 parroquias a mesma oferta de actividades”.

Todas as actuacións do programa son de balde e celébranse nas fins de semana e, preferibelmente, ao aire libre para cumprir con maior seguridade con todas as medidas sanitarias de prevención da COVID-19. A programación do Cultura24 continuará a desenvolverse ata o vindeiro mes de outubro.