Gran lazo en Salceda no Día do Cancro de Mama

Coa coordinación do Club de Patinaxe das Escolas Deportivas Municipais

Salceda de Caselas | O concello de Salceda, en colaboración coa Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama (ADICAM), conmemorou o Día do cancro de Mama no seu pavillón municipal.

O acto organizado pola Concellería de Sanidade congregou a varias decenas de persoas, que baixo a coordinación das monitoras do Club de Patinaxe das Escolas Deportivas Municipais, realizaron un gran lazo humano sobre a pista do pavillón. Tamén asistiron ao mesmo a alcaldesa Verónica Tourón e concelleiras e concelleiros da corporación municipal.

A cada unha das persoas que participaron se lles entregou unha camiseta de cor rosa e un pano conmemorativos do Día do cancro de Mama para colaborar con ADICAM, que esta a prestar na nosa contorna un gran servizo e apoio a todas as mulleres que padecen este tipo de cancro.

O concello quere agradecer as persoas asistentes a súa solidariedade e apoio pola participación neste acto, no que Salceda amosou unha vez mais, a súa sensibilidade con esta causa realizando este gran lazo humano.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos