Gran Cabalgata de Reis en Arbo este 5 de xaneiro

Entregarán agallasallos a aqueles nenos e nenas que teñan o correspondente vale regalo

Arbo | Como cada ano, este venres 5 de xaneiro será a Gran Cabalgata de Reis en Arbo a partir das 18 horas. As Súas Maxestades de Oriente percorrerán as rúas da vila para entregar os respectivos agasallos. Espérase que moítisimos nenos e nenas de Arbo desfilen nas carrozas desta cabalgata, que cada ano sigue mellorando, crecendo e sorprendendo.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, manifesta que “nunha data tan especial para os máis cativos, que son os que máis o desfrutan, dende o goberno, queremos agradecer a todos e todas os/as que colaboran na realización de este gran evento”. Horacio Gil, tamén informa que a Cabalgata contará coa visita de persoaxes Disney.

Será o resultado dun intenso traballo, para ter todo a punto para que as súas maxestades, Os Reis Meigos de Oriente, repartan ilusión, sorrisos e agasallos aos pequenos de Arbo. Os nenos e nenas que queiran participar na Cabalgata, deberán anotarse previamente e ir acompañados por un adulto.

O Concello ten previsto repartir 400 regalos para os veciños e veciñas de Arbo, así como a todos os nenos e nenas que se acheguen neste día a Arbo e aos cativos e cativas que veñen a pasar o Nadal a Arbo, ningún neno/a quedará sen o seu regalo e o rematar chocolate con churros para todos os/as asitentes. Con motivo da Cabalgata de Reis, o Concello comunica aos veciños e veciñas que a Praza Consitorio, rúa Miguel Davila, Rúa Buenos Aires, Rúa Vázquez Estevez, Rúa Segundo Gil Davila e Rúa Antonia Tovar quedaran pechadas o trafico a partir das 16:30 horas, quedando asimismo prohibido aparcar.