Gardería de Ribadumia garante prazas para solicitantes

Comeza o novo curso escolar 2022-23 con 91 alumnos/as

Ribadumia | A Escola infantil municipal de Ribadumia comeza o novo curso escolar 2022-23 con 91 alumnos/as . ”Nunha nova ocasión, vólvese a garantir que todos/as os/as nenos/as que reservaron praza en tempo están admitidos no centro”.

A gardería contará con 40 nenos/as de novo ingreso:
– 4 nenos/as nados/as no ano 2020.
– 29 nenos/as nados/as no ano 2021.
– 7 nenos/as nados/as no ano 2022.

A creación da Escola Infantil 0 – 3 Municipal de Ribadumia ven atendendo unha demanda moi necesaria no Municipio dende que se inaugurou en setembro de 2004. Este é un dos servizos mais demandados polas familias para poder conciliar as responsabilidades laborais e familiares. O seu horario de funcionamento e de 8:00h a 20:30h.

As familias que fixeron a reserva de praza para o/a seu/súa fillo/a, deberán recoller e entregar a documentación para formalizar a matricula no centro de servizos sociais, en Avda. de Ribadumia nº 21. O prazo máximo para entregala será ata o mércores 15 de xuño.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos