Galiza con Palestina

Concentracións este 22 de outubro en doce cidades galegas

Santiago de Compostela | A sociedade galega asiste con alarma e indignación aos crimes contra a humanidade en Gaza mentres aumentan a ocupación e ataques á poboación na Cisxordania.

O pobo palestino deber ser libre para decidir o seu destino sen máis inxerencias colonialistas. Esiximos una solución política que acabe con estes ataques e non se conforme coa apertura da entrada de axuda humanitaria.

Por todo isto, ante os acontecementos que se están a producir estes días en Palestina as asociacións e solidariedade con Palestina na Galiza Asociación Galaico Árabe Jenin, BDS Galiza, Mar de Lumes e Galiza por Palestina convocamos manifestacións e concentracións o domingo 22 de outubro ás 12 horas nas seguintes cidades e vilas:

A Coruña – Obelisco
Betanzos – Cantón Claudino Pita
Burela – Praza do Concello
Compostela – Praza Roxa
Ferrol – Praza do Concello
Lugo – Diante do Concello
Monforte – Praza de España
Ourense – Rúa Paseo (Subdelegación de Defensa)
Pontevedra – Praza da Peregrina
Ribeira – Praza do Concello
Vigo – Saída Cruce da Vía Norte
Vilagarcía – Praza da Galiza