Galicia acollerá as XXIX Xornadas de Estatais de FEAE

Do 20 ao 23 de outubro en Santiago de Compostela e A Coruña

Santiago de Compostela | Do 20 ao 24 de outubro, A Coruña e Santiago de Compostela acollerán as XXIX Xornadas de Estatais de FEAE baixo o título “Aprendendo non Camiño: Sustentabilidade e Formación no século XXI”, e organizadas polo Fórum Europeo de Administradores da Educación (FEAE) de Galicia.

A FEAE (http://feae.eu/) é unha organización non gobernamental que traballa no ámbito da educación de varios países de Europa desde hai 40 anos, fundamentalmente en aspectos relacionados coa administración e a xestión educativas e, en distintas ocasións, como organismo asesor da administración educativa.

No estado español, hai 13 foros autonómicos cuio sentido máis importante é participar crítica e activamente na mellora da educación e desta maneira contribuír a aumentar a súa equidade, a súa calidade e eficacia.

Estas xornadas contan coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación Universidades e Formación Profesional, Turismo, Universidade da Coruña, o Centro de Formación e Recursos da Coruña e Concello da Coruña, en cuxas acenos de identidade atópase a da aprendizaxe ao longo da vida para todas e todos, no contexto da Axenda 2030, da ONU para o desenvolvemento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS).

Diversas conferencias e comunicacións conforman un programa de actividades e contidos co que se pretende achegar coñecemento científico sobre este tema desde distintas perspectivas e através de personalidades relevantes internacionalmente no mundo da educación, a innovación social e a xustiza social.

Na web das Xornadas pódese consultar toda a información sobre as xornadas https://29jornada-feae.com/

Outros artigos