Galegos en Oviedo homenaxearán ao pobo ucraíno

Celebran en setembro os actos anuais do colectivo

Oviedo | O colectivo de galegos residentes en Oviedo prepara para setembro a edición XXVII dos actos que organiza a Asociación Día de Galicia en Asturias. O venres 16 de setiembre celébrase o acto empresarial astur-galaico na sede da Cámara de Comercio de Oviedo á unha da tarde. Ao día seguinte haberá un concerto en homenaxe ao pobo ucraíno no Auditorio Príncipe Felipe da capital do Principado. As 19,30 hora actuarán Yuri Nasushkin cos seus músicos e o cantante Antonio Barros.

Ás doce da noite servirase unha queimada gratuíta na carpa da asociación situada na rúa Picasso. O domingo, día 18, celebrarase misa, cantada pola soprano Tina Gutiérrez, ás 11 da mañá na catedra de Oviedo. Ás 12,45 entregaranse as insignias de ouro e os carnés de socios de honra no Hotel Reconquista.

Este ano impoñense as insignias de ouro ao deseñador e escritor ourensán Adolfo Domínguez González e ao empresario Orlando Alonso Villarón. Posteriormente será o xantar oficial no restaurante do Hotel Reconquista.

Do día 7 ao 18 estará aberta na rúa Picasso a carpa onde se celebrarán as xornadas gastronómicas de Galicia e o parque temático. Todos os actos programados contaron sempre coa aceptación do público astur-galaico.