
Monforte de Lemos | Xosé Tomé Roca, alcalde de Monforte, presidiu a Gala do Deporte 2026, organizada polo Concello. O certame alcanza en 2026 a súa undécima edición. Tomé puxo en valor o mérito dos deportistas e clubs monfortinos que compiten na actualidade porque están acadando resultados que poñen o nome de Monforte no mais alto do palmarés deportivo.
Tamén salientou Tomé Roca a aposta decidida do Concello polo deporte monfortino, que se traduce no incremento ano a ano das axudas tanto ós clubs como ós deportistas individuais. Neste senso, destacou que “este ano superamos os 132.500€ nas axudas que destinamos ós clubs. Mantemos tamén as axudas para deportistas individuais con 10.000€ e a subvención para a participación en campionatos de España, europeos ou mundiais alcanza os 12.000€. En total superamos os 154.000 € neste ano.”
Por outra banda, o rexedor municipal incidiu que dende o equipo de goberno se puxeron en marcha actuacións de enorme relevancia en instalacións deportivas e anunciou a súa intención de seguir mellorando con novas dotacións en outras instalacións, para que a práctica deportiva se diversifique e inclúa o maior número de deportes posible. O alcalde, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, felicitou a todos os candidatos e candidatas así como ós premiados e premiadas, “porque todos eles teñen un palmarés deportivo excelente, e contribúen a poñer en valor o noso deporte”.




