Gala a prol de Ucraína en Ourense

Será o día 29 de abril no Auditorio

Ourense | Hoxe as 11 da mañan no Liceo de Ourense celebrouse unha rolda de prensa para presentar aos medios de comunicación a campaña Sos Ucraína. Interviron Avelino Jácome de Nos, a Xente do Redor e José Carlos Castro de A Cova da Meiga por parte da organización´

Pola parte musical contouse ca presenza de Miki Carvalho, Daniel Rincòn, e Alvaro de Castro, de Dr. Coverall e Marina Sánchez que xunto con Lucía Rodríguez encargaranse da presentación.

Pola parte técnica estivo Brais Castro, de Estrelas Máxicas que se encarga de que “todo soe ben, e moi traballoso porque ao ser moitos artistas e necesario adaptarse as necesidades de cada un.”

Na parte de animación e performance Miguel Blanes da organización de Ghostbusters, que estará co seu grupo facendo unha sesión de entretemento no photocoll dende as 19.30 horas.

A gala terá lugar o venres 29 de abril no Auditorio Municipal as 20.30 horas a favor da Cruz Vermella. Avelino Jácome agradeceu a colaboración de todas las firmas implicadas e organizaciós que participan no evento. Castro, pola súa, parte fixo fincapé na solidaridade dos 14 artistas e agrupacións que participan de xeito solidario na gala.

Marina Sánchez realizou un chamamento a solidaridade para encher o Auditorio, “as vitimas mereceno; querémolo facer dende a alegría e coa linguaxe universal da música, recollendo as verbas de De Castro para referirse a diversidade da gala.