Fundación Galiza Sempre organiza acto coa presidenta da Convención Constitucional de Chile

Con Elisa Loncon este 22 de xaneiro no Museo do Pobo Galego
Elisa Loncon, presidenta da Comisión Constitucional de Chile.

Santiago de Compostela/BNG | O Museo do Pobo Galego acolle mañá, ás 12 horas, un acto organizado pola Fundación Galiza Sempre, no que baixo o título “A plurinacionalidade chilena en construción”, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a presidenta da Comisión Constitucional de Chile, Elisa Loncon, xunto a coordinadora de Relacións Internacionais do BNG e vicepresidenta da Fundación, Ana Miranda, farán sobre o dereito de libre autodeterminación, a defensa das linguas propias, a loita pola igualdade e a plurinacionalidade.

“Este encontro entre Ana Pontón e Elisa Loncon amosa a decidida aposta internacionalista do BNG”, subliña Ana Miranda, quen explica que este encontro realizase nun momento crucial para Chile tras a vitoria electoral do presidente Gabriel Boric e que busca superar a constitución pinochetista, en tanto que Loncon é a presidenta saínte da Convención Constitucional.

“O nacionalismo galego ten unha clara vocación internacionalista e neste caso amósase co encontro entre entre dúas mulleres loitadoras e comprometidas cos dereitos dos seus pobos”, salienta.

Elisa Loncon, política e académica mapuche, lingüista e activista na defensa dos pobos indíxenas, é unha das mulleres máis influentes do mundo en 2021, segundo as listaxes elaboradas pola revista Time, o Financial Times e a BBC.