Fran Agea triunfa en Ponteareas na segunda etapa da Volta Ciclista a Galicia

Álex Martín colocouse como o novo líder da competición
Francisco Javier Agea cruza a meta como vencedor da segunda etapa en Ponteareas.

Ponteareas | En medio dunha pertinaz choiva, o ciclista Francisco Javier Agea, do equipo Gomur, triunfo na segunda etapa da 19º Volta Ciclista a Galicia, nun circuito de 144,7 km que levou por Mondariz e Vilasobroso, cun percorrido de media montaña.

Nesta segunda etapa que rematou en Ponteareas, o novo líder da Volta Ciclista a Galicia é Álex Martín, do equipo Eolo-Kometa, quen vestiu o maillot amarelo que lle identifica como o líder da competición ciclista.

Numerosos veciños ponteareáns se deron cita para apoiar aos ciclistas. Na premiación no podio estivo presente a alcaldesa Cristina Fernández Davila, quen agasallou aos gañadores desta etapa.

A alcaldesa Cristina Fernández Davila premia no podio a Álex Martín como novo líder da Volta Ciclista a Galicia.

A terceira etapa da 19º Volta Ciclista a Galicia partirá agora para o tramo Muras-Muras, con 149 km de media montaña.