Formación dixital gratuíta para mulleres en Salvaterra

Dentro do programa Galegas Dixitais

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai desenvolver un curso de formación en competencias dixitais , para mulleres dentro do programa Galegas Dixitais.

Este programa está dirixido a mulleres traballadoras ou desempregadas que vivan nun Concello rural, como é o noso municipio e pretendan aprender a usar as novas tecnoloxías tanto para o día a día como para o seu traballo ou negocio e para mellorar a súa capacidade de empregabilidade, no caso das mulleres traballadoras.

O curso desenvolverase na Casa da Cultura de Salvaterra en horario de 16.00 a 21.00h. Ao remate do curso recibirán un ordenador portátil totalmente gratuito.

Para inscribirse non é preciso ningún requisito, solo facer a solicitude no tfn 604039575