Festival de Habaneras organizado por ASOMAMOS

O vindeiro domingo en Torroso

Mos | A coral da Asociación de Maiores de Mos, ASOMAMOS, organiza o seu tradicional Festival de Habaneras e Polifonía que este ano chega á súa XII Edición e que terá lugar o vindeiro domingo, 18 de xuño, ás 19.00 horas no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Ademais da anfitrioa Coral Polifónica ASOMAMOS, participarán as corais de A Cañiza e Frol Nova de Chapela (Redondela). A entrada será libre e de balde ata completar o aforamento.

Portas abertas para coñecer o Club Natación Mos
O Club Natación Mos inicia xornadas de portas abertas, completamente gratuítas, para niña/os de entre 6 e 12 anos, que queiran coñecer como é o funcionamento do C.N. Mos, facendo unha inmersión na dinámica do Club.

O requisito para poder participar que a/os interesada/os teñan nocións previas de natación, sendo un requisito indispensable o ser capaces de completar os 25m da piscina de forma autónoma, sen a axuda de ningún elemento de flotación.

Aqueles que estean interesados en vir coñecer o CN Mos deberán poñerse en contacto previamente, co club, mediante o correo electrónico: natacionmos@gmail.com.