Festival benéfico de Cáritas no Porriño

Este sábado 25 de novembro no Pavillón Municipal

O Porriño | O vindeiro sábado, 25 de novembro, a segunda pista do pavillón municipal do Porriño acollerá o Festival Benéfico organizado por Cáritas Louriña e a Fundación Trabajo y Dignidad.

O evento, que conta coa colaboración do Concello do Porriño, permitirá recadar fondos para que estas entidades poidan continuar coa súa labor benéfica de axuda ás persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade.

A gala dará comezo ás 19:30 h cunha actuación/animación con dj. A partir das 20 h comezarán os concertos, todos eles de artistas locais relevantes como Xeración M, Uxía, Niño Lobo, Antonio Barros e Ialma, Noemí, Raúl Ben, Carla, Javi Casal “Jay Doe” e intervencións especiais e sorpresas que non podemos desvelar. Icía Alcalde e María Díaz serán as condutoras da gala.

A entrada será de 10 euros e gratis para os menores de 10 anos que vaian acompañados dun adulto. Dispúxose tamén unha fila cero a 5 euros.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.