Festival Benéfico de Cáritas Louriña

Gala solidaria este sábado 25 de novembro en Mos

Mos | A directiva de Cáritas Louriña (Mos, O Porriño e Salceda de Caselas) reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para presentar o Festival Benéfico que celebrarán o vindeiro sábado 25 de novembro desde as 19:30 horas no Pavillón 2 de O Porriño.

O Festival será presentado polas xornalistas naturais e veciñas da Louriña, Icía Alcalde e María Díaz. De 19:30 a 20:00 horas o espectáculo comezará coa actuación/animación a cargo dun D.J. e a partir das 20:00 horas actuarán Uxía, Xeración “M”, “Niño Lobo”, Antonio Barros e lalma, Noemí, Raúl Ben, Carla e Javi Casal “Jay Doe”.

Desde a dirección de Cáritas Louriña apuntan que “tamén haberá intervencións especiais e algunha sorpresa máis”.

O prezo das entradas en concepto de cuota de colaboración a favor de Cáritas Louriña é de 10 euros. Os menores de 10 anos poden asistir gratis e sempre acompañados dun adulto. A aportación para a “Fila cero” (non asistencia) é de 5 euros. Tamén se aceptan outras aportacions por Bizum 08323 especificando no concepto: FESTIVAL. Esta iniciativa solidaria está organizada polo Equipo de Cáritas Louriña e a Fundación Trabajo y Dignidad.