Festa dos xubilados e pensionistas de Salceda

Este sábado 13 en Padrón (A Coruña)

Salceda de Caselas | Mañá sábado a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda celebrarán a súa tradicional Festa do Socio e da Socia nunha multitudinaria comida que se celebrará na localidade coruñesa de Padrón.

Despois destes últimos anos nos que a festa non se puido desenvolver con normalidade, debido as restricións provocadas pola pandemia, nesta ocasión se retoma con total normalidade e moita afluencia de persoas socias que se inscribiron para o evento.

Ás 10:00 horas partirán 9 autobuses dende Salceda de Caselas que trasladarán ata Padrón a todas as persoas asistentes que previamente á comida, realizarán unha visita polos lugares máis emblemáticos da vila padronesa.

As dúas da tarde dará comezo o xantar que se continuará cunha sobremesa amenizada musicalmente.