Feijóo gaña as eleccións e Sánchez a gobernabilidade cos que queren romper España

A centralidade e a alternancia no poder foron as claves que fixeron posible a mellor etapa democrática e de maior progreso do noso país; agora é inviable a formación dun goberno sólido e coherente, que dé estabilidade ao Estado.

Na noite electoral deume a impresión que gañaran todos os partidos, e o PP (137) gañou as eleccións e as perdeu Sánchez (121) quen foi quen convocou as eleccións. Sánchez, despois da desfeita electoral das municipais e autonómicas do 28 de maio, puido resistir no sprint final da campaña arengando aos seus simpatizantes e militantes ao voto útil para evitar un goberno PP-VOX, e coa axuda dalgún erros masivos do PP  (a cadeira baleira de Feijóo no debate a catro en TVE) fixo posible que Sánchez saíse ileso unha vez máis, a pesar dos seus erros, cando as enquisas auguraban o seu colapso final.

A miña esperanza que despois dos resultados do 23J, os dous partidos maioritarios, PP e PSOE, poderían chegar a un acordo para un goberno de coalición, como é o caso de Alemania, en España é unha utopía. É posible que Sánchez poida formar goberno, co apoio de partidos con intereses enfrontados e enfoques moi diferentes, que a gobernabilidade de España sería un bloqueo permanente, por moito que chegue a arimética.  Feijóo propuxo a Sánchez no debate bidireccional que goberne a lista con máis votos para evitar bloqueos políticos, e Felipe González defendeu os pactos de centralidade e que goberne a lista con máis votos sin pedir nada a cambio, para reforzar a democracia e o destino dun país cando non hai outra mellor opción. Con este novo escenario, vexo un Parlamento máis dividido e enfrontado, onde será inviable chegar a acordos en materia de Estado, nos que o consenso é fundamental.

“Con este novo escenario, vexo un Parlamento máis dividido e enfrontado, onde será inviable chegar a acordos en materia de Estado”

A aritmética non abonda para que Feijóo goberne, e Sánchez podría volver a repetir un novo goberno Frankenstein (PSOE/121, SUMAR/31, co apoio de ERC/7, BILDU/6, PNV/5, BNG/1 suman un total de 171), aínda que para acadar os 176 votos necesarios para ser investido como presidente, necesitaría o apoio de JUNTS/7, o que suporía estar á mercé das esixencias ‘inconstitucionais’ (referendo en Cataluña, perdón a súa persoa, unha solución para os tres mil imputados polo ‘procés’, etc.) de Puigdemont, un prófugo da xustiza, un prezo inaceptable que un país cunha democracia consolidada non pode permitirse (os socios de Sánchez non só non defenden a unidade de España senón que queren fragmentala dun xeito ou doutro, e baixo ningún pretexto se pode poñer en risco a unidade de España a partir de concesións aos independentistas.

Científico, académico, escritor y humanista.