Exposición “Foto Souto, a retina do Corpus” achégase a Santiago de Compostela

Mostra da Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas

Ponteareas | A “Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas” inaugurou o sábado 8 de maio ás 12 horas, no Hotel Oca Porta do Camiño, de Santiago de Compostela.   a exposición “FOTO SOUTO, A RETINA DO CORPUS” e unha alfombra dedicada ao Camiño de Santiago.

Ponteareas, “o berce do alfombrismo español”, presenta esta exposición fotográfica, que recolle 75 anos das nosas alfombras florais, e móstranos as imaxes captadas por tres xeracións de fotógrafos desta Vila.

Cartel da exposición.

As fotos expostas achégannos á visión dos fotógrafos, de como, o pobo de Ponteareas elabora as alfombras para o paso do Santísimo, desde fai máis de douscentos anos. Son imaxes dun gran valor sentimental xa que son elas as que nos revive esas alfombras efémeras de anos anteriores e lémbranos á xente que as fixo.

A menos dun mes da nosa gran festa a Asociación de Alfombristas, continua o labor de difusión da Festa do Corpus Christi de Ponteareas, declarada de Interese turístico Internacional.

A Asociación de Alfombristas de Ponteareas agradece publicamente, a sensibilidade e interese manifestados, pola dirección do Hotel “Oca Porta do Camiño” que puxo ao dispor da Asociación todos os medios con que conta o Hotel para a realización da devandita exposición.

A exposición manterase ata o domingo 6 de xuño, que é cando se celebra a festa do Corpus Christi en Ponteareas. E será vista por todos aqueles peregrinos que se acheguen a Santiago de Compostela.