Exposición en Vilar de Santos no centenario do poeta Antón Tovar

Con libros, textos inéditos, manuscritos e documentos da vida do autor

Vilar de Santos | A exposición sobre o centenario de Antón Tovar (1921) poderá ser visitada os sábados e domingos, de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, ata o día 26 de outubro –data na que se cumpren 100 anos do seu nacemento− ubicada na Biblioteca da Limia e na sala Xaquín Lourenzo.

Consta de exemplares de varias das primeiras edicións dos seus libros, textos inéditos, manuscritos, documentos da vida do autor, os orixinais das ilustracións do primeiro libro, El tren y las cosas, obra de Arturo Baltar, caricaturas e retratos de autores limiaos (Xosé Lois Carreira, Victoria Taboada e Manuel Traveso, Toño Monteiro, entre outros), fotografías e un texto específico do presidente do Padroado, Delfín Caseiro.

“Celebrarmos o centenario da súa nacenza tráenos espléndida oportunidade para nos asolagar na beleza verbal da súa memorábel obra artística, contribución de calidade ás letras galegas” sotén Delfín Caseiro.

A citada exposición terá un formato dinámico, de xeito que, ao longo dos dous meses de duración iranse incorporando novos elementos (textos, caricaturas, fotos,…) que enriquezan o contexto expositivo.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!