Exposición de artesanía na Casa da Cultura de Salceda de Caselas

Salceda de Caselas | A Casa da cultura do Concello, Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, conta cunha nova exposición na súa sala destinada para os eventos.
A casa da cultura sita na praza do Concello, conta no seu interior cunha sala de exposicións, onde cada vez podemos contar cun maior número de exposicións de pintura, escultura, fotografía, artesanía, etc.
Nesta ocasión poderemos disfrutar da exposición que a artista Mª Carmen Covelo mostra dende o día 1 ao 15 de abril, pódese visitar gratuítamente dentro do horario de apertura da casa da Cultura de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.