Exposición “Catro médicos pintores en A Guarda”

Na Casa dos Alonso ata o 31 de xullo

A Guarda | O pasado día 18 de xullo inaugurouse na Casa dos Alonso a Exposición de Pintura “Catro médicos pintores en A Guarda”, unha exposición que recolle diferentes obras pictóricas de catro compañeiros de profesión que comparten tamén a súa paixón pola arte.

Nela se poden observar diferentes maneiras de entender e plasmar as variadas percepcións dos seus actores, Leopoldo García, Pablo Galego, Jesús Vázquez e Tino Cuesta.

Catro estilos totalmente diferentes e particulares que van dende o deseño dixital ata a abstracción, pasando polo collage, o conceptual ou a expresión.

Unha ampla mostra de cadros que van dende o pequeno formato ata o mediano, onde se teñen aplicado técnicas diversas e con cores chamativos. A Exposición “Catro médicos pintores en A Guarda” estará aberta ao público ata o 31 de xullo en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres.