Eurocidade Tui – Valença organiza o MUMi – Músicas no Minho

O primeiro mercado profesional de música e cultura transfronteirizo

Tui | A feira acontece na Eurocidade de Tui – Valença de 9 a 11 de Setembro de 2021 cuia programación combinará encontros profesionais con actividades abertas ao público.

O MUMi é o primeiro mercado profesional de música e cultura organizado polos dous territorios ibéricos e promovido por unha asociación que integra empresas, profesionais e colectivos do sector musical galego e portugués, có obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as músicas de ambos países.

O MUMi – Músicas no Minho acontecerá nos días 9, 10 e 11 de Setembro de 2021 na Eurocidade Tui – Valença, mantendo as condicións para que as oportunidades e boas prácticas entre o sector da música en Portugal e Galiza se concreticen.

O encontro reunirá artistas e bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de servizos e produción, etc. para compartir ideas, crear sinérxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

A feira contará cunha programación profesional que incluirá actividades de formación (técnica, xurídica, marketing), speedmeetings (encontros rápidos) entre profesionais do sector, showcases cunha selección de artistas e bandas da Galiza e Portugal, e unha feira sectorial coa presenza das empresas das diferentes áreas do sector.

Tamén haberá concertos abertos ao público en xeral coa selección de propostas musicais de diversos estilos e formatos, nunha programación que demostrará os novos valores e as figuras xa consagradas en espectáculos multidisciplinares para o público familiar e adulto.