EU Ponteareas e Podemos avanzan no seu programa electoral conxunto

Co foco na vivendas públicas e servizos sociais

Ponteareas/EU-Podemos | Podemos e Esquerda Unida Ponteareas seguen co seu calendario de xuntanzas programáticas abertas a toda a poboación da vila para elaborar o programa de goberno para as eleccións municipais de maio.

A última xuntanza da pasada semana centrouse nos servizos sociais, vivenda e sanidade pública. Entre as medidas incluídas no seu programa atopamos a creación dun parque de vivendas públicas, a posta en marcha de vivendas sociais e a recuperación do funcionamento do Consello Social Sectorial, proxecto co que BNG e PSOE comprometéronse e reivindicaron na época do goberno do PP e que non cumpriron o chegar o poder.

Na reunión tamén aprobáronse propostas de mellora na Ordenanza de Emerxencia Social, en materia de saúde mental formulan dotar a Ponteareas da figura de psicoloxía, enfermería escolar, realizar campañas xuvenís de prevención do suicidio e xestión de emocións e crear un servizo de odontoloxía pública municipal.

Por outra banda, erradicar as listas de espera nos Servizos Sociais garantindo unha cita en corenta e oito horas desde o momento da solicitude é unha medida que será incorporada no momento que se chegue ao goberno. Outras medidas acordadas e que serán postas en marcha de inmediato son o Estudo Municipal de Vivenda que recolla, entre outras cousas, un censo de vivendas deshabitadas, promover un servizo de Planificación Familiar na localidade, pór en marcha unha cociña municipal pública e de calidade que dea servizo aos comedores escolares e á emerxencia social e que teña reparto a domicilio para aquela veciñanza que non pode desprazarase.

En materia de saúde pública acordouse suprimir a venda de produtos non saudables en institucións públicas como escolas, instalacións deportivas e centro de saúde, tanto as que se atopan en cafeterías como en máquinas expendedoras. Estas medidas van enfocadas, en palabras do recente escollido candidato á alcaldía, Manoel Ucha, “a facer de Ponteareas unha vila que non deixa ningunha persoa atrás e que aposta por colocar a vida e os coidados no centro”.

A cuarta xuntanza celébrase na sede de Esquerda Unida Ponteareas (Rúa Amado Garra, 12) o sábado 25 de febreiro ás 10h para acordar o programa de goberno nas áreas de feminismo, dereitos LGTBI e educación. Todas estas reunións están abertas o debate a calquera persoa do pobo que queira colaborar na elaboración do programa electoral, alén da súa militancia e simpatizantes.