Esther Navarrete e Carlos Porto gañan a 15K do Atlántico

Celebrado este 1º de outubro

A Guarda | A atleta internacional do Celta non tivo rival, sendo superada por tan só 8 atletas masculinos. O pontevedrés confirma o seu gran momento tras gañar xa varias probas neste 2023.

Ás 11.00 en punto deste 1 de outubro, cunha gran capa de néboa cubrindo toda a contorna, o popular Terio Carrera, da TVG, empezaba a conta atrás para a edición máis especial e populosa da 15K do Atlántico Banco Mediolanum. Especial por chegar á número 10; populosa porque entre as dúas distancias e a andaina superábanse con moito, os 1.000 participantes. Dúas saídas en lugares diferentes, unha, a longa co impresionante mosteiro de Oia de fondo e a outra, de 7,5 km, e quince minutos máis tarde, desde a parroquia rosaleira de Pontecelo.

Anteriormente, ás 10.00 horas, a Andaina comandada polo flamante padriño, Álvaro Piñeiro, arrincaba a súa marcha cara o destino no porto da Guarda. Saída moi rápida para os máis de 600 atletas da 15K do Atántico Banco Mediolanum 2023, con dous homes que marcaban xa o ritmo desde os primeiros metros, Álvaro Prieto e Carlos Porto levaban unha pequena distancia a Emilio Pérez.

Por detrás, algúns ilustres como Dani Bargiela e Elías Domínguez, e xa tras eles a enorme Esther Navarrete que ía ao ritmo dos mozos “top”. Sería na parte final da carreira cando Porto decidía dar o tirón definitivo para vencer na 10ª edición da 15K do Atlantico, cruzando a meta cun rexistro de 48.08. Trece segundos despois facíao en segunda posición, Álvaro Prieto, sendo terceiro Emilio Pérez, que tivo que facer un último esforzo para que non lle alcanzase un Dani Bargiela, ao que aínda quedaban forzas para loitar polo bronce.

Finalmente non o obtería por 10 segundos. Apenas uns minutos despois, asomaba xa a cabeza a flamante dominadora da competición feminina, Esther Navarrete, que gañaba cun gran crono de 52.55, sendo a novena de todos en chegar ao porto da Guarda. Moi lonxe, con 56.51 era segunda Eva Piñel; o bronce de Begoña Domínguez, 58.36 para o podium de mozas. En canto á carreira “especial” de 7,5 km polo décimo aniversario, a vitoria no apartado masculino ha correspondido a Josué Moreno cun tempo de 24.41. con José Antonio Burgos e Felipe Veiga sendo 2º e 3º.

En mulleres Ana Alonso, asinaba 32.01, con máis de dous minutos de diferenza sobre Alejandra Sanromán e Julia Sampedro. Lembramos que, como todos os anos, a 15K do Atlántico tivo o seu parte solidaria, a través do proxecto Mediolanum Aproxima. Nesta ocasión para colaborar coa Asociación Española contra o Cancro. Recadáronse xa máis de 6.000 €, e aínda queda unha semana para seguir doando.

Ao final o Banco Mediolanum achegase a mesma cantidade que a que se conseguiu. Tras a competición, atletas, familiarares, afeccionados… comentaban o que viviran noutra mañá máis, dunha das probas máis bonitas do calendario popular galego por esa contorna privilexiada.Mesmo houbo tempo para algún último baño da tempada nas frías augas de porto da Guarda.

Todos os resultados na seguinte ligazón:
https://bancomediolanum15kseries.com/resultados-15k-atlantico