• Segue conectado
  • |

Este sábado en Ponteareas haberá postos ambulantes de venda de produtos agrícolas na praza Bugallal

Ponteareas | O Concello de Ponteareas informa que se retoma, pouco a pouco, a actividade da feira dos sábados e que mañá habera postos de produtos agrícolas (hortalizas, plantas, froitas…). Estes primeiros postos de venda ambulante de produción agrícola estarán ubicados na praza Bugallal para poder cumprir as esixencias de seguridade e distancia, estando os espazos delimitados e vixiados por Protección Civil. A cidadanía que saia para as súas compras poderá adquirir estes produtos de proximidade frescos e de tempada. Por outro banda, o goberno local lamenta o criterio “errático” da Delegación do Goberno. O luns día 4 de maio a Xunta de Galicia autorizou a celebración dos mercados e o Concello comezou a contactar cos produtores e a preparar a loxística e organización da feira do sábado día 9. O xoves día 7 a Delegación do Goberno, contra a decisión da Xunta de Galicia de permitir os mercados, anuncia a prohibición de celebración dos mesmos obrigando ao Concello a desconvocar aos produtores. Vintecatro horas máis tarde, hoxe, a Delegación do Goberno cambiou o seu criterio e anuncia que agora “si” se permite a celebración véndose de novo o Concello obrigado a convocar a última hora aos e ás produtoras interesados en vender na praza Bugallal.

O Concello lembra a importancia de aterse ás recomendacións sanitarias e saír nas condicións e nos casos recollidos na normativa.

Publicado o 8 Mai 2020 en Economía, Ponteareas, Portada.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies