España despreza aos saharauís na repartición de vacinas covid.

Foto tomada de eldiario.com

A pesar de que o goberno español considerou a asistencia á os saharauís como prioritaria, ningunha dos 6.5 millóns de vacinas doadas por España foron para os refuxiados saharauís.

A Fronte Polisario denuncia que existe unha razón política para o bloqueo da axuda, que así pretende non enturbar máis as maltreitas relacións co Reino de Marrocos, eludindo unha vez máis a súa responsabilidade con este pobo.

Nunha carta enviada pola representación da Fronte Polisario en España, o 14 de decembro de 2020, dirixida á Axencia Española de Cooperación, solicitouse o envío de soros para poder inmunizar á poboación dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria).

A ausencia de resposta a esta petición por parte do Goberno Español vai en contra do establecido no plan de acceso universal(1) que considera como beneficiario prioritario da “vacinación solidaria” a “a poboación refuxiada, desprazada e solicitantes de asilo, especialmente en contextos humanitarios, en países en desenvolvemento”. Suposto este no que encaixa á perfección a poboación saharauí refuxiada, sumada á responsabilidade histórica de España na situación actual deste pobo.

Os refuxiados saharauís recibiron 38.200 doses para unha poboación de máis de 170.000 habitantes o que só permitiu realizar tres campañas de vacinación, tendo que ser suspendida a última campaña pola falta de soros que a España sóbranlle e nega aos refuxiados saharauís.

(1) Plan de Acceso Universal: Compartiendo las vacunas contra el Covid-19. “Vacunación Solidaria”

Nado no ano 1974, un ano antes da entrega do Sahara por parte de España a Marrocos. Activista polos dereitos do Pobo Saharaui, é membro de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Fundador e administrador da web www.porunsaharalibre.org

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos