Entrevista ao escritor vigués Domingo Villar na revista literaria italiana Insula europea

Realizada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade La Sapienza (Roma)

Aldea Global | A web italiana www.insulaeuropea.eu/ acolle unha entrevista a Domingo Villar realizada por Attilio Castellucci, director do Centro de Estudos Galegos da Universidade La Sapienza de Roma e tradutor de longa traxectoria de obras galegas ao italiano.

Pódese consultar o texto italiano da entrevista a Domingo Villar na seguinte ligazón:
https://www.insulaeuropea.eu/2022/03/07/attilio-castellucci-intervista-domingo-villar/, mentres que a versión galega é accesible desde:
https://www.insulaeuropea.eu/2022/03/07/attilio-castellucci-entrevista-domingo-villar/

A web Insulaeuropea.eu, dirixida polo profesor da Universitá de Perugia Carlo Pulsoni, publica información, entrevistas, investigación e recensións relacionadas coas diferentes literaturas e Europa, entre elas a galega.